Open. Resultados

O Club Natación Arteixo volta dun campionato moi especial e de gran categoría, o Campionato de España Open de Primavera, celebrado en Málaga. Aportou entre moitas cousas unha gran experiencia competitiva a nivel nacional, que sen dúbida fará mellor o futuro de Luis Suárez e Noelia Gómez, que logrou ser finalista.

Estes dous deportistas, a pesares de case estrearse en piscina de 50 esta tempada neste evento, souberon refrendar as súas mellores marcas e defender e mellorar os postos nos que partían nas inscricións.

Noelia logrou un dos obxectivos principais que tiña para esta competición, que era entrar na final de categoría de absoluto mozo, nadando pola mañá en 2.47.0 e logrando pola tarde baixar o seu rexistro ata 2.45.70 (o ánimo dos seus compañeiros/as dende Arteixo nas pantallas chegou ata Málaga), acadando o 7º posto desta categoría.

Luis, pola súa parte, loitou a proba acadando a súa mellor marca, 2.33.68, que levaba intacta dende hai tres anos, podemos decir que recuperou o 100% da lesión que o tivo apartado deste estilo, 8º de categoría Absoluto Mozo.

Os dous nadadores voltan para facer un pequeno descanso e cunha valoración positiva pero ambiciosa cara o futuro. Non se conforman, esperan algo máis dos campionatos importantes de verán en piscina de 50… e por suposto da vindeira cita importante, a Fase Final da Copa de Clubs, onde coma todo o equipo sempre hai un plus para dar en tódalas probas.

¡¡Noraboa Noelia e Luis por ter chegado ata aquí e polos resultados!!

Resultados