Etapa Final da Copa de España

Este domingo día 27 celebrouse en Melilla a Etapa Final da Copa de España de Augas Abertas. A nadadora Paula Otero despedíase con moito cariño do Club Natación con esta actuación. Acadou o 3º posto da categoría élite atopándose moi ben durante a carreira de 5000 metros.

A nadadora Carla Rodríguez, aínda que non participou nesta etapa, si o fixo nun total de cinco durante este verán, acadando moi bos resultados, o que a leva a ser a 3ª clasificada no cómputo total en categoría Junior-1 da Copa de España 2026.

Noraboa ás dúas!!

Paula, todo o Club Natación Arteixo deséxate o mellor para o teu novo camiño… e graciñas por este tempo no noso equipo!!

Resultados