O equipo de categoría absoluta que representou ó Club Natacion Arteixo no Campionato de España Open de Primavera, acaba de aterrizar de volta deste gran evento competitivo que marca o ecuador entre a tempada de inverno e a de verán. Paula Otero foi medallista nas tres probas nas que participou, tivemos presencia en seis finais, e moi bo ambiente competitivo. Detallamos un pouco máis os resultados de Alba, Mateo, Miguel e Paula a continuación.

A competición comezou o mércores día 11 e durou ata o domingo 15, con sesións de eliminatorias e finais pola tarde. Asistimos con dúas nadadoras e dous nadadores de categoría absoluta. Esta era a primeira gran cita en Piscina de 50 metros a nivel nacional, a ocasión de medirse e de poñerse novos obxectivos de cara a tempada de verán.

Empezamos pola medallista, Paula Otero, que foi Campiona de España de 400 e 1500 libre, e medalla de prata en 800 libre, destacando a súa disposición competitivaq remata con unha marca de consideración para o Campionato de Europa de París na proba de 1500 libre.

Mateo García acadou 3 postos moi salientables, sendo finalista nas tres probas nas que participou, o seu posto mási descatado foi na última proba, no 800 libre, foi 4º a tan só unhas décimas do nadador italiano que acadou a medalla de bronce. Acadou o 5º posto en 1500 libre e o 6º en 400 libre.

Alba Gómez Mesías participou nun total de tres probas, quedando a un posto de ser finalista en dúas delas. Acdaou os seguintes postos, 28º en 200 libre, 38º en 100 libre e 40º en 100 bolboreta. Miguel Ángel Gómez participou na proba de 200 braza estreando o campionato para o Club Natación Arteixo e acadando o 32º posto absoluto.

Noraboa ós catro por este campionato!!

Resultados