Paula no Campionato do Mundo

Estase a celebrar a  22ª edición dos Campionatos do Mundo de Singapore, organizados por World Aquatics dende o 11 de xullo, e o Club Natación terá a súa presencia na modalidade de Augas Abertas coa participación da nosa nadadora máis internacional, Paula Otero Fernández.

Paula xa está nesas terras dende o día 7, data na que comezou a concentración previa coas súas compañeiras seleccionadas para este campionato. Esta concentración tivo lugar en Kuching, Malasia, e dende alí trasladáronse a Singapore para a preparación directa para o evento. As probas de Augas Abertas serán no Palawan Sentosa, nunha illa cercana á cidade de Singapore.

Paula nadará dúas probas: o 5K que terá lugar o 18 de xullo á 1:30 hora de España, e o Knock-out, o 19 de xullo ás 2:00. O evento poderá ser visto a través do canal temático Teledeoporte de RTVE e polo seu canal web RTVE Play. Ademáis, baixo rexistro, poderanse ver as retransmisións na plataforma Eurovision Sport.

Deixamos nesta nova os enlaces para ter toda a información deste Campionato dio Mundo que será o máis importante da tempada para a natación española e onde o Natación Arteixo tamén lucirá o seu nome.

Vamos Paula!! todo o CNA estará apoiándote dende a distancia