O nadador do Club Natación Arteixo, Mateo García Castro acaba de ser convocado para unha importante competición inernacional de Augas Abertas formando parte dunha selección española na que haberá máis galegos/as. Terá lugar do 16 ao 18 de maio, trátase da 1ª etapa da Copa de Europa European Aquatics. Será no circuito Piazza Bovio, Tirrenian Sea, en Piombino (Italia). Están convocados co Equipo Nacional Absoluto, ademáis de Mateo, María de Valdés, Marío Méndez, e Carlos Brión como parte do equipo técnico.
Noraboa Mateo!!