Resultados

Están anovados os contidos de resultados, tanto máster como de deportistas. competicións para a categoría Máster e para a categoría Absoluta.

Os máster coa 1ª xornada de liga celebrada en Pontevedra o pasado 16 de novembro con moi bo estreo de tempada para esta categoría, xa que todos os asistentes rebaixaron as súas marcas individuais. Noraboa a este grupo de veteráns que non para de medrar e mellorar.

Resultados

Por outra banda, este sábado o Club Natación Arteixo participou en dúas competicións, a 1ª Xornada de Liga Benxamín en Carballo (a espera dos resultados), e o Trofeo “Ciudad de A Coruña”, celebrada na Piscina de Inef e organizada polo Club Natación Coruña.

Boa actuación dos 16 participantes neste trofeo de categoría absoluta. Destacamos as 5 medallas acadadas e os postos nas remudas mixtas: 6º en 4×50 libre e 10º en 4×100 estilos.

Medallistas: Omar, ouro en 100 costas; Tamara prata en 50 costas; Noelia prata en 100 braza; Virginia bronces en 50 bolboreta e 50 costas.

Resultados

!!Noraboa CNA!!