Campionato Galego de AA

Este sábado celébrase en Ponteareas o Campionato Galego de Augas Abertas, organizado pola FEGAN e o Club Natación Ponteareas. Será en sesión de mañán e esperamos que acompañe unha boa climatoloxía. Teremos unha gran presencia con dez nadador@s de varias idades. Paula Rodríguez, Catalina Insua, de categoría infantil; Claudia Suárez, Ricardo Díaz, de categoría Junior 1; Mateo García, de categoría Junior 2; e finalmente, Nerea Pazos, Ana Veiga, Miguel A. Gómez, e Marcos e Rubén del Río, de categoría senior.

Esta competición servirá tamén de 1ª etapa do Circuíto Galego de Augas Abertas. A distancia a nadar será de 5000 metros nun percorrido polo Río Tea. Podemos seguir a información na páxina que enlazamos a continuación.

Web do Campionato