Temos noticias das nosas nadadoras máis viaxeiras. Alba participa nunha competición fora de Galicia e Paula viaxa para un novo ciclo de adestramento.

Empezamos por Paula Otero, que comeza o ano 2023 con unha nova concentración de adestramento en altura co Equipo Nacional en Serra Nevada, que durará dende o 2 ó 25 de xaneiro.

Por outro lado, Alba Gómez despidirá o ano 2022 participando o día 29 nunha importante competición no Pais Vasco. Será no 40° Torneo Internacional de San Sebastián, un evento no que  participan numerosos nadadores e nadadoras de primeiro nivel nacional. Alba participará en tres probas, 50, 100 libre e 50 bolboreta.

A competición consiste en eliminatorias na sesión de mañán e finais na sesión de tarde nas que entarán 8 nadador@s.

Poderemos seguir os resultados da competición no enlace que adxuntamos.

Ánimo e Sorte!!

Web do Campionato