Paula Otero, ven de participar no Campionato de Europa absoluto en piscina de 25 metros na cidade rusa de Kazan. Era unha das nadadoras máis xóvenes da selección española que estivo composta por 11 deportistas.
Paula acadou dúas mellores marcas persoais e unha semifinal, grandes resultados nesta importante competición, que supoñía para o comitiva española unha preparación cara os eventos en piscina de 50 de primavera e verán desta tempada 2122
Paula participou nun total de catro probas individuais e unha remuda. Empezou o martes co 800 libre, acadando o 16º posto. No 1500 libre, o xoves, quedou en 9º posto, a tan só unha praza de entrar na final. As súas mellores marcas acadounas nas probas do sábado e o domingo. No 200 libre, clasificouse na sesión de mañán de 18ª para a semi-final, nadouna en sesión de tarde rematando en posto 15º. Rematou o campionato participando na proba de 4oo libre, 14º posto nunha emocionante carreira na que quedou segunda da súa serie. Tamén participou na remuda de 4×50 libre mixta, foi a cuarta posta, España rematou no 10º posto.
Esta foi unha gran ocasión para Paula de estrearse co Equipo Nacional Absoluto, ó que pertence gracias ás marcas acadadas a tempada pasada nas súas grandes citas como nadadora de categoría junior.
Noraboa Paula!!