Impresionante carreira de Paula Otero este sábado 19 de xuño en Banyoles, no Campionato de España de Augas Abertas. Liderou a proba dende os primeiros metros, ata un sprint final no que entraba totalmente soa na zona de chegada rexistrando un tempo de 1.27.08, a nada máis e nada menos que 3 minutos e vinte segundos da súa rival máis cercana. Este posto de campiona de España asegúralle unha praza para participar o vindeiro mes de xullo no Campionato de Europa de Augas Abertas en París. Dito campionato súmase ó de piscina, para o que se clasificou no Open de Primavera, será en Roma dúas semanas antes.
O circuito do Estany Banyoles constaba de 2.500 metros, a temperatura da auga e o clima foron ideales para a carreira. Paula participou na distancia de 7,5K, así que o percorrido foi de tres voltas, nas que só necesitou avituallar unha vez. Comezou moi segura, colocándose á cabeza do grupo, e así se mantivo durante as tres voltas, nadando ademáis de forma moi constante. Podemos decir que se proclamou campiona de España con absoluto dominio da proba.
A tempada desta nadadora junior, está sendo espectacular dende a súa participación en Loulé no mes de agosto ata esta fin de semana en Banyoles, quedaremos á espera das sorpresas que pode dar nos dous Campionatos de Europa ós que asistirá en Roma e París no mes de xullo.