XI Travesía de Suevos

Hoxe celebrouse a XI Edición da Travesía a nado Concello de Arteixo – X Memorial Marina Álvarez, que o noso club organiza no Porto de Suevos, coa colaboración do Concello. O mar estivo un pouco picado, con bastante vento pero moi bo tempo en terra. A temperatura da auga era de 18,2º,  polo que o uso de neopreno foi optativo. Un total de 231 deportistas foron os que disputaron as diferentes categorías e distancias da proba. Un éxito para a 1ª Travesía do calendario do Circuíto Galego de Augas Abertas. Os campións absolutos da distancia de 2500 metros foron Gaspar Andrade, do CN Arzúa, e Águeda Cons do CN Galaico.

A proba máis numerosa foi a de 800 metros, con máis de 100 nadadores, pero a proba máis dura foi a de 2500 metros , puntuable para o Circuíto Galego, que contou con 60 participantes. Como remate da mañá celebrouse a proba dos pequenos, de 200 metros, con record de participación con máis de 30 nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, resultou un magnífico colofón.

Estes son os gañadores/as por categorías:

2500 Metros

1- Gaspar Andrade (CNArzúa), Carlos Brión (CN Ribeira), Martín Carrera (CN Ponteareas)

2- Paula Goyanes (CN Galaico), Ana Veiga (C.Mar), Noelia Gómez (CN Arteixo)

3- Alexandre Lages (CN Ribeira), Adrián Haz (Trioleiros), Xián Prego (CN Arteixo)

4- Águeda Cons (CN Galaico), Carla Goyanes (CN Galaico), Alba Martínez (CN Ribeira)

800 Metros

5- Carlos García, Enrique Rivas, Javier Couso

6- Mª Ángela Gómez, Mª Isabel López, Mª Jesús Méndez

7- Manuel Verdes, Alberto Tomé, Alejandro Pardo

8- Antía Ortego, Paula Taboada, Alicia Moreira

9- Ramón Fernández, Pablo Galán, Pablo García

10- Henar Cons, María Bouza, María Novo

11- Hugo Herbón, Simón Rey, Yago Herbón

12- Alejandra Rodríguez, Catalina López, Celia Rega

200 Metros

13- Sergio Soto, Rubén Otero, Héctor Ríos

14- Marta Novo, Andrea Ibáñez, Eva Sánchez

En canto a trofeos especiais, o do nadador/a máis novo foi para Alba López, de 7 anos e o do nadador máis veterán foi para José Leal Piñeiro, con 75 anos.

Os trofeos “Marina Álvarez” ós mellores nadadores do Club Natación Arteixo, leváronos, na categoría masculina Xián Prego (2500 m) e Carlos Gómez (800 m); na categoría feminina foron Alba Gómez (2500 m) e  Nicole Macías (800 m) as premiadas.

Estiveron presentes para a entrega de premios, representando ó Concello de Arteixo: D. Carlos Calvelo, Excelentísimo Alcalde, Dna. Puri Zas, Concelleira de Deportes, e Marcos Mañana, Presidente do Club Insua, acompañados polo Presidente do Club Sarval Natación Arteixo, D. Ignacio Folgueira.

Podemos dicir que foi un éxito de organización, aproveitamos para agradecer a todos os voluntarios e voluntarias que fixeron isto posible. Grazas tamén a Club Insua, Club Langosteira, Coca Cola, Gadis, Churrería Manolo, Gravados Calvo, O Noticiero de Arteixo e a Saria Sarval. Rematamos esta Travesía, con unha gran paella (noraboa Javier, estaba estupenda), que serviu para festexar a despedida dunha gran directiva e darlle a benvida á nova que seguramente non será menos.

Resultados