Trofeo Montón de Ferrol

As categorías inferiores do Club Natación Arteixo participaron este sábado no II Trofeo Montón de Natación, organizado polo Club Marina Ferrol. Foi nunha piscina ó aire libre, un gran día de competición e diversión para os Promesas, Benxamíns e Alevíns.

Acadamos o 2º posto por equipos: Marina Ferrol 501, Arteixo 410, Natación Ferrol 358, Narón 212 e Casino 77. Os nosos deportistas obtiveron un total de 14 medallas individuais e 2 en remudas (4 ouros, 7 pratas e 3 bronces).

Boa festa da natación de verán. Noraboa!!

Resultados

Medalleiro