travesía de Suevos 2017

Un ano máis estamos cerca dunha nova edición da xa tradicional Travesía de Suevos, Memorial Marina Álvarez. Será a undécima edición, na que esperamos superar as edicións anteriores, xa que volveremos a formar parte do Circuíto Galego de Augas Abertas co percorrido de 2500 metros, mantendo tamén os percorridos máis populares de 800 e 200 metros.

Celébrase o sábado 15 de xullo ás 12:00 da mañá. O evento contará con tres percorridos, de 2500, 800 e 200 metros, este último dirixido só ós máis pequenos/as.

Nesta edición, pertencemos de novo o Circuíto Galego de Augas Abertas, de feito, estreamos dito Circuíto, xa que a de Suevos, será a primeira travesía que se celebrará. Estade ben atentos/as á normativa, xa que como novidade no regulamento de Augas Abertas, e polo tanto tamén da Travesía aparece un apartado específico de uso de neopreno (bañador térmico):

Na proba de 2500: Se a temperatura da auga é de 20º ou máis está prohibido o uso de bañadores térmicos, se é entre 18ª e 20ª será optativo e se a temperatura é inferior a 18º será obrigatorio para os que participen no Circuíto Galego de Augas Abertas.

Na proba de 800: Se a temperatura da auga é de 20º ou máis está prohibido o uso de bañadores térmicos, se é inferior a 20º será optativo.

As inscricións poderán realizarse até o xoves día 13 de xullo, na páxina web de Prueba-t. Excepcionalmente, realizaranse inscricións o día da travesía até media hora antes do comezo da primeira proba.

Inscricións

Teremos a disposición dos asistentes a posibilidade de comer ó rematar a proba, faremos unha gran paella,  por encargo, con un custo de 5 euros con pan e bebida incluidos. Para facer encargos podedes chamar ó teléfono do club (652542548), ou facelo por correo electrónico (info@natacionarteixo.com).

Normativa

Como Chegar