Resultados Máster

Coa competición celebrada o pasado domingo en Lugo, finalizou a Liga Máster, na que o Club Natación vai gañando postos cada tempada. Este ano deron un gran paso adiante coa incorporación de varios nadadores e nadadoras, nótase especialmente no equipo feminino. A clasificación é a seguinte: 10º Feminino, 13º Masculino e 14ª Total.

Na xornada do día 13 acadaron moi boas marcas a nivel individual e participaron en dúas remudas de 4×50 estilos mixtas, nas que acadaron o 5º e 6º posto.

A seguinte cita importante será o Campionato Galego que se celebrará os días 3 e 4 de xuño en Ourense.

Noraboa EQUIPO!!

Resultados Master