Resultados

Están publicados os resultados das competicións celebradas este sábado en San Amaro e Carballo.

Na Liga Benxamín de Carballo destacamos o alto nivel de participación, e o 2º posto das remudas de 4×100 libre dos equipos masculino e feminino.

Na Toma de Tempos de San Amaro fixéronse boas marcas persoais, parte delas sendo mínimas para campionatos galegos. A foto que adorna esta noticia representa a nosa aportación ó reto organizado pola RFEN, “1000 Kms nadando contra el cáncer”, colaborando cos clubs que participábamos: CN.Coruña, CN.Portamiñá, AD.Carballo e Club del Mar.

Noraboa a tod@s polos resultados, outro reto superado…

Resultados