Resultados

Acabamos de publicar os resultados das competicións celebradas esta fin de semana:

A liga máster en Pontevedra, onde o ambiente non puido ser mellor, temos a este equipo moi motivado esta tempada, seguro que nos reservan sorpresas. A remuda acadou o 9º posto na categoría de +120.

No estreo da categoría alevín houbo boas marcas, pero sobre todo, moita mellora técnica, e aínda o que lles queda, este é só o principio. As remudas acadaron os seguintes postos: 7º na masculina de 4×100 libre e 4º na feminina de 4×100 estilos.

Noraboa a estes nadadores/as representantes do Arteixo e a seguir mellorando…

Resultados

Resultados Master