O CNA un ano máis en 1ª División

Onte sábado día 28, o Club Natación Sarval Arteixo acadou unha vez máis un éxito na Liga Galega de Clubs, a permanencia en 1ª División. Despois dun gran día competitivo en Ribeira e uns rivais «duros de roer» 23 nadador@s conseguiron sumar os puntos suficientes para defender o 4º posto da fase preliminar e así lograr a permanencia.

Empezamos esta Liga no mes de novembro en Vigo, medimos as nosas posibilidades respecto ó resto dos equipos que formaban esta división. Ó rematar esa primeira xornada vimos moi difícil lograr a permanencia, xa que acadamos o último posto. Unha vez en Arteixo, falamos, pensamos en  escoller camiño, en decidir adestrar máis e mellor, decidimos non rendernos ó que parecía evidente.

As dúas seguintes xornadas foron mellores, o noso nivel competitivo e a motivación foron aumentando, pasando así á fase final no 4º posto con 3 puntos que se sumarían á puntuación da fase final.

Chegou o día, unha competición que debería ser en A Coruña, finalmente celebrouse en Ribeira , con unha moi boa organización por parte do club anfitrión. Madrugón, dúbidas sobre a nosa capacidade de poder de estar á altura da cita, pensando ata o último momento «que non pase nada». Unha baixa, Tino, Peni e Víctor compartindo competición e traballo, outr@s cos estudios a tope… Empezou, e todo o equipo puxo fora e dentro da auga a atención, a motivación, a ilusión, a forza nese obxectivo compartido, manter ó noso equipo en Primeira División, sumar e sumar puntos.

E así foi, reñido pero con un gran resultado para nós: C.N. Liceo 867 (14), C.N. Coruña 745,5 (10), R.C.N. Vigo 635 (8), C.N. Arteixo 615 (6), C.N. Riveira 560 (4), CN Cidade de Santiago 500,5 (2). Sumando estes puntos ós arrastrados da fase preliminar, déixanos no mesmo 4º posto, permanecendo en Primeira División cara a tempada 18/19.

E non nos esquecemos de dar as gracias ó noso gran club de fans e os compañeiros que aportaron á súa ilusión e ánimo, vaia cantidade de puntos que suma iso aínda que non sexa nadando…

Noraboa EQUIPO, o CNA síntese moi orgulloso de tod@s e cada un!!

Resultados