O CNA galardoado

Comprácenos enormemente publicar a noticia de que o Club Natación Arteixo foi elixido como MELLOR CLUB DE BASE FEMININO da provincia.

O vindeiro xoves 23 de novembro celebrarase a V Gala Provincial do deporte de Base, organizada polo Concello de Arteixo e a empresa Sports Tech Innovation Aurea 5, na que o Club será galardoado con este premio.

Noraboa a todo o CNA por este merecido recoñecemento!!