Natación Solidaria

Necesitamos a axuda de todos os nadadores/as,  socios/as e familiares que podades asistir este sábado pola tarde á Piscina Municipal para participar nun evento solidario que organiza o Club Natación Arteixo coa colaboración de Aquafit e varios clubs deportivos de Arteixo.

O sábado 6 de maio, de 16:30 a 18:30, o Club Natación Sarval Arteixo organiza un evento de natación con un obxectivo solidario , recoller artigos de hixiene persoal para a asociación Cáritas.

Consistirá en remudas nadadas por seis equipos, capitaneados cada un por un deportista destacado de Arteixo dos seguintes deportes: Fútbol, Baloncesto, Triatlón, Judo, a A.D. Jarnachas e Natación. Os equipos estarán formados por todas as persoas que queiran participar e aportar os seus artigos solidarios. Poderanse nadar distancias de 50, 100 e 200 metros. A duración será de 120 minutos nos que se tratará de recoller a maior distancia posible entre todos os membros de cada equipo.

Neste evento colaboran Aquafit Gestión, o Concello de Arteixo e todos os clubs implicados, Atlético Arteixo, Baloncesto Arteixo, Judo Club Arteixo, A.D. Jarnachas e o Club triatlón Arteixo.

O lugar para apuntarse elixir equipo no que se quere participar, será a Piscina Municipal de Arteixo.

Animádevos a facer uns largos pola solidariedade e colaborar co CNA!!