Natación Solidaria

O sábado pola tarde na Piscina de Arteixo brillou a solidariedade. Máis de 80 persoas participaron no evento organizado polo Club Natación Arteixo e Aquafit coa colaboración de varios equipos de Arteixo (triatlón, fútbol, baloncesto, judo e a Asociación Deportiva Jarnachas). Nadáronse unha media de 6400 metros cada equipo. Foi unha tarde do máis deportiva, amistosa e solidaria.

O CNA quere dar as gracias a tod@s os asistentes, ós capitáns e capitanas dos equipos, e ós clubs ós que pertencen que nos prestaron a súa colaboración.