Impresionante Campionato de Alba

Non é doado describir un Campionato de España no que unha nadadora participa en seis probas e cinco finais. Nesta ocasión o resumo é que Alba Gómez Mesías, acaba de proclamarse Campiona de España Junior de 17 anos en 100 e 200 braza, e Subcampiona de España da mesma categoría en 200 libre. Estas foron tres medallas enormemente reñidas e moi ben competidas que poñen a guinda a unha gran tempada para Alba e para o seu Club que non pode estar máis orgulloso.

Empezou o campionato o martes nadando o 50 braza, proba só de categoría absoluta, acadando o posto 23º con un tempo de 34.63. No 400 estilos, o mércores foi finalista acadando o 6º posto junior e 19º absoluto (5.01.17). Entre o xoves e o venres acadou os seus mellores resultados en 100 e 200 braza, Campiona de España de 17 anos nas dúas probas con tempos de 1.12.81 e 2.38.89, 11ª e 12ª absoluta. E rematou o último día do campionato con dúas probas na mesma sesión, 200 libre e 200 estilos. Pola mañá acadou postos de finalista nas dúas probas, en 200 estilos final junior e en 200 libre fixo a 7º mellor marca, así que participou na final A absoluta, rematando Subcampiona de 17 anos con un tempo de 2.05.65. Vinte minutos máis tarde lanzábase de novo a polo 200 estilos (2.24.17), acadando o 5º posto junior e 14º absoluto.

A progresión desta nadadora dende o seu primeiro Campionato a nivel nacional en Cádiz en xullo de 2012 foi moi grande, pero está claro que esta tempada supuxo para ela un gran salto de nivel.

Noraboa Alba!!

Resultados