Copa Alevín. Resultados

Antía, Adrián, Celia, Héctor, Lorena, Lucía, Mateo e Pablo… Unha parte do noso equipo alevín competiu moi ben na Copa Alevín que se celebrou esta fin de semana en Ferrol, campionato por equipos no que acadamos o 18º posto con tan só oito participantes. Varias mínimas para o Campionato Galego de verán, unha mínima de Campionato de España de categoría Alevín de Antía, e ilusión renovada para seguir adestrando para o Campionato de verán,  son as cousas máis importantes que ganaron os nosos alevíns neste evento.

Participamos nun total de doce probas individuais, nas que destacamos o bo nivel xeral de marcas, aínda que con algún despiste provocado polos nervios que teremos que traballar cara ó verán. A nadadora Antía Gómez acadou a mínima do Campionato de España de categoría Alevín, que se celebra en verán, na proba de 100 costas.

Participamos tamén nun total de cinco remudas, nas que acadamos os seguintes postos: 4×100 libre, 12º masculino e 14º feminino; 4×200 libre, 15º feminino; 4×100 estilos, 13º masculino e 9º feminino.

Noraboa EQUIPO!!

Resultados