Convocatorias Fin de Semana

Este fin de semana o Club Natación Arteixo estrea as competicións do 2018 coa 3ª xornada de Liga Alevín en Carballo e o Campionato Galego Máster en Pontevedra.

Os alevíns nadarán o sábado pola tarde as seguintes probas: 100 costas, 400 estilos feminino, 1500 libre masculino, 200 libre feminino, 200 bolboreta, 100 estilos e remudas de 4×100 estilos.

En Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur, celébrase o Campionato Galego Máster. Constará de tres sesións, sábado pola tarde e domingo mañán e tarde.

Asisten un total de 17 nadadores/as do noso club, participación récord. O equipo masculino estará representado por Carmelo, Javier Mella, Javier Mon, Manuel, Miguel, Ramón e Roberto, que participarán en 19 probas individuais e nas remudas de 4×50 libre e 4×50 estilos. No equipo feminino estarán Ana Noya, Ana Carnota, Chus, Jessica, Keti, Laura, María Oliveira, María Muíño, Patricia e Raquel, con un total de 26 probas individuais e as mesmas remudas. Entre os dous equipos participarán na remuda de 4×50 libre mixta en varias categorías.

Os deportistas desta categoría non teñen idade, só ilusión e ganas de competir disfrutando a tope, seguen a ser exemplo para os máis novos que empezan as súas andanzas deportivas.

Sorte e ánimo a tod@s!!

Convocatorias

Web do Campionato