Convocatorias Competicións

Este sábado día 26 o Club Natación Arteixo compite con gran parte da súa plantilla. O equipo benxamín nadará a 1ª xornada de liga na coruñesa piscina de San Amaro. Participarán nas seguintes probas: 100 libre e 50 braza para o masculino 2005 e feminino 2006, 50 libre para o masculino 2006-2007 e feminino 2007, rematará a competición con remudas de 4×50 libre.

Por outra banda os equipos infantil, junior e absoluto viaxan a Narón para participar no XXIV trofeo Cidade de Narón-Memorial Javier Lago, no que se nadarán case todas as probas do calendario e unha remuda mixta de 4×50 libre. Nesta competición haberá autobús, xa está á vosa disposición o papel para apuntarse na porta da oficina do club.

Ánimo e sorte para tod@s!!

Convocatorias