Convocatoria Copa

Este sábado celébrase en Santiago a 3ª xornada e última da fase preliminar da Copa Galega de Clubs. Esta será  a que nos de os puntos cos que pasaremos á fase final. Nadaranse as seguintes probas: 4×50 libre, 800 libre feminino, 200 libre masculino, 50 bolboreta, 200 braza, 50 costas, 400 estilos e 4×100 estilos.

O desprazamento será en autobús e prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as.

Ánimos enormes para este equipo, sabemos que sacará o mellor ante esta importante cita

Convocatorias