Churrascada Tempada 1718

O vindeiro sábado día 16, o Club Natación Arteixo organiza unha churrascada na área recreativa de Seixedo para celebrar todos xuntos o inicio desta nova tempada 2017/2018.

Poderán asistir os nadadores/as, acompañados dos seus pais e de todo familiar que desexe acudir a esta celebración. Confirmade a vosa asistencia na oficina do club ou por correo electrónico: info@natacionarteixo.com . As adestradoras teñen as follas de inscrición, e tamén no enlace que acompaña a esta noticia.

O custo da comida será de 7 euros para adultos e de 5 euros para menores de 12 anos, que se abonarán na oficina do club ou o día da comida.

Esperamos a vosa asitencia!!

Circular