Campionato de España Fondo Máster

Esta fin de semana celébrase en Oviedo o Campionato de España de Fondo Máster, será en piscina de 50 metros e durará dende mañán venres 22 ata o domingo 25, e o Club Natación Arteixo terá presencia con Iván Rubio. Iván participará na proba de 3000 o venres pola tarde e no 1500 libre o sábado a mediodía. Podemos coñecer toda a información do campionato e estar atent@s ós resultados no enlace que deixamos a continuación.

Esta só é a primeira nova dunha fin de semana moi movida, seguiremos informando…

Ánimo e Sorte Iván!!

Web do Campionato

Resultados Campionato Galego Infantil

Unha moi pequena representación pero con unha moi boa actuación deportiva é o resumo do Campionato Galego Infantil celebrado esta fin de semana en Pontevedra no que voltamos con boas marcas e unha medalla.

Ler máis

Horarios e Grupos 23_24

Poñemos á vosa disposición os grupos e horarios para esta tempada 2023/2024, se houbera algún problema podedes comentalo con Luchi ou Laura. Os adestramentos comezan mañán día 6.

Tamén deixamos á vosa disposición os documentos que foron entregados na reunión, estos inclúen o papel de licenza que debe ser entregado no adestramento ou na oficiña antes do día 20 de setembro para que a licenza sexa tramitada correctamente, os precios exactos serán comunicados nos grupos de wasap a finais desta semana.

Os horarios dos grupos 6, 7 e 8 varían un pouco durante o mes de setembro, e xa llos comunica directamente a adestradora e o adestramento dos sábados dará comezo o 7 de outubro.

Benvidos e benvidas a esta nova tempada do noso EQUIPO!!

Horarios e GruposDocumentos Reunión

Campionato Galego Alevín. Resultados

O noso equipo alevín regresou onte de participar no Campionato Galego de verán. Foi en Cervo, en piscina de 50 metros, e asistiron un total de sete nadadore@s, que fixeron moi bo papel, acadando moitas mellores marcas persoais e facendo un bo traballo de grupo.

Ler máis

Campionato Galego Alevín

Esta fin de semana celébrase en Cervo o Campionato Galego Alevín de verán, no que participaremos con un total de sete deportistas, catro nenas e tres nenos, que nadarán un total de catro probas cada un. A competición constará de dúas xornadas, sábado e domingo e dúas sesións de mañán e tarde.

Será en piscina de 50 metros e poderemos estar atent@s ós resultados na páxina do Campionato. A expedición sae para Cervo esta tarde do venres dende a Piscina de Arteixo. Os nadador@s que nos representarán son: Aloia, Daniela, Marta, Martina, Kristofer, Manuel e Mateo.

Ánimo EQUIPO!!

ConvocatoriasWeb do Campionato

 

 

Campionato Galego Junior e Copa Senior

Esta fin de semana celébrase en Ourense, na Piscina Rosario Dueñas, de 50 metros, o Campionato Galego Junior e Copa Senior. O Club Natación asiste con un total de 18 deportistas en total, 8 senior e 10 junior que loitarán por deixar o nome do seu club no lugar máis alto posible.

A competición celebrarase en dúas xornadas con sesións de mañán e tarde, sen finais. Teremos presencia nun total de 64 probas individuais e as tres remudas junior femininas. O equipo sae esta tarde do venres para Ourense para adestrar na Piscina de competición. Prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as.

Poderemos estar ó día dos resultados na seguinte páxina.

ConvocatoriasWeb do Campionato

Galicia 7ª no Campionato de FFAA

Mateo regresou esta madrugada de participar no Campionato de España de FFAA de categorías Infantil e Junior, que se celebrou dende o venres ata o domingo en Torrevieja, Alicante.

Ler máis

Campionato Galego de Longa Distancia

Este sábado día 3 celebrouse en Pontevedra, na Piscina do CGTD, o Campionato Galego de Longa Distancia. Asistiron un total de 4 deportistas e acadamos un total de 2 medallas de ouro, 5º posto por equipos, 4º feminino e 6º masculino.

Ler máis

Resultados Equipo Alevín

Están publicados os resultados da 1ª xornada de Liga Alevín celebrada o sábado pasado en Carballo. Fixeron un bo estreo, pero sabemos que temos que seguir mellorando a calidade da técnica de nado de cara as seguintes convocatorias de liga. A remuda feminina de 4×100 libre acadou o 4º posto.

Pronto volven a competir, o sábado día 10 teñen a súa 2ª xornada, así que cada vez máis e mellor…

Noraboa polos resultados Equipo!!

Resultados

Ler máis