Cambios de Horarios

O luns día 25 comeza o Campus de Natación organizado polo noso club. Cambiamos os horarios de adestramento ata final de tempada, que será o 4 de agosto, coa celebración da Travesía de Suevos.

Os horarios serán os seguintes:

– Escolas e Promesas: Luns, Mércores e Xoves, de 16:00 a 16:45 (podedes ir os tres días)

– Equipo Benxamín, de Luns a Xoves, de 16:45 a 17:45.

– Equipo Alevín, a semana do 25/06 ó 29/06 de 17:45 a 19:15. A partir do 02/07 de Luns a Xoves de 16:45 a 17:45

– Equipo Infantil, Junior e Absoluto, a semana do 25/06 ó 29/06 de 20:00 a 22:00, sábado 10:30 a 12:30.

Concurso de Tarxetas de Nadal

Hoxe da comezo o prazo de participación na X edición  do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal. Animamos a tódolos nadadores e nadadoras a participar e optar polo 1º premio que consistirá nun agasallo que recibirá na cea anual, e o mellor, convertirse na tarxeta que felicitará a tódolos socios/as este xa cercano Nadal 2017. O prazo remata o martes 28 de novembro, así que non vos demoredes.

Bases Concurso

Asamblea Xeral de Socios/as

O vindeiro venres 27 de outubro celebrarase a Asamblea Xeral Ordinaria de socios/as do Club Natación Arteixo. Será no Ximnasio do CEIP Ponte dos Brozos, ás 19:30 en primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda convocatoria.

Ler máis

Cambio de Horarios

Este luns día 26 comeza o Campus de Natación organizado polo noso club. Cambiamos os horarios de adestramento ata final de tempada. O día 15/07 celebramos a Travesía de Suevos e o remate desta tempada será o xoves 27/07.

Os horarios serán os seguintes:

– Escolas e Promesas: de Luns a Xoves, de 16:00 a 16:45 (podedes ir os catro días)

– Equipo Benxamín, de Luns a Xoves, de 16:45 a 17:45.

– Equipo Alevín, a semana do 26/06 ó 30/06 de 18:30 a 20:00. A partir do 03/07 de Luns a Xoves de 16:45 a 17:45

– Equipo Infantil, Junior e Absoluto, a semana do 26/06 ó 30/06 de 20:00 a 22:00, sábado 10:30 a 12:30.

Nova Directiva na Tempada 17/18

O pasado venres celebrouse unha Asamblea Extraordinaria na que os socios e socias do Club natación Arteixo votaron o cambio de Presidente para a vindeira tempada. A decisión foi que Virginia Martínez será a nova Presidenta do Club. Formará un equipo que compoñerá a Xunta Directiva, equipo do que Nacho Folgueira, actual presidente, formará parte. Virginia estreará o seu mandato co inicio da nova tempada.

Benvida Virginia!!

Dende esta web queremos agradecer estes catro anos de impecable labor e adicación aos e ás compoñentes da actual Directiva: María Muíño, Noelia López, Javier Becerra (Vocais) Maite Fernández (Tesoureira), Rosi Feal (Secretaria) e Nacho Folgueira (Presidente).

Os nadadores e nadadoras, as adestradoras e as familias que compoñen o Club Natación Arteixo vos din:

MOITAS GRAZAS!!

Asamblea Extraordinaria

O vindeiro 16 de xuño ás 19:30 celebrarase unha Asamblea Extraordinaria á que pregamos a asistencia de tódolos socios e socias do Club Natación Arteixo. O tema principal da Asamblea é a elección de novo presidente ou presidenta.

Convocatoria

Ler máis