Resultados Fin de Semana

Esta foi unha fin de semana moi movida para o Club Natación Arteixo que tivo presencia en catro eventos, Liga Infantil, Liga Máster, Trofeo Norte e Sur, e xornada de Ges de categoría alevín. Pasamos a dar resumen dos resultados.

Ler máis

Trofeo de Ferrol. Resultados

Esta fin de semana un grupo de 30 nadadores e nadadoras do Club Natación Arteixo de categorías dende alevín ata absoluta participaron no Trofeo Marcos García organizado polo Club Natación Ferrol. Foi unha moi longa xornada de competición, pero estivo moi ben organizada e os nosos deportistas voltan con moi boas marcas persoais.

Obtivemos o 11º posto na clasificación masculina, 6º na feminina e 7º na conxunta, posto que tamén acadamos na remuda de 6×100 libre intercategorías. Tivemos cinco medallistas, Carla Rodríguez, Claudia Carballido, Claudia Suárez, Eva Sánchez e Paula Rodríguez que acadaron un total de cinco medallas, 2 ouros, e 4 bronces.

O máis salientable da competición foi a gran xornada de convivencia entre pequenos e maiores, e o gran apoio de tod@s ás brazadas dos compañeiros. Traballazo de equipo.

Noraboa a tod@s!!

ResultadosMedalleiro

Paula Otero laureada en Portugal

A nadadora Paula Otero participou no Open de Portugal esta fin de semana formando parte da Selección Española e acadou moi bos resultados. Foi medallista nas tres probas nas que participou. Foi ouro en 1500 libre, e prata en 200 e 400 libre, con moi boas sensacións competitivas. Paula estará en USA dende o 14 ata o 28 de abril, participando nunha concentración en altura co Equipo de Fondistas, segue os pasos e a progresión, para competir ó mellor nivel na gran cita de xuño, os Trials dos JJOO de París 2024.

Noraboa e a seguir así Paula!!

StreamingResultados

Resultados Liga Alevín

Acamos de publicar os resultados da 4ª xornada da Liga Alevín celebrada o 23 de marzo en San Amaro. Esta xornada resultou ser un gran cambio na forma de nadar e de competir do noso equipo, empézase a ver a mellora e o efecto do adestramento tanto en técnica coma en mellora de marcas, aumentando o número de mínimas para os campionatos galegos. A remuda de 4×100 libre mixta acadou o 7º posto.

Noraboa a todo o equipo!!

Resultados

Ivan Rubio Medallista en Oviedo

O nadador de categoría máster do Club Natación Arteixo, Iván Rubio acadou moi bos resultados esta fin de semana en Oviedo, onde viaxou para asistir ó Campionato de España de Fondo  Máster. Iván participou en dúas probas nas que destacou tanto polo resultado como pola regularidade do platexamento da carreira, algo tan importante en probas de fondo. Iván foi medalla de ouro na proba de 3000 e prata na de 1500 libre da súa categoría.

Noraboa Iván!!

Resultados

CNA en postos de Título

Este sábado celebrouse en Ferrol, organizada polo Club Natación Ferrol, a 3ª xornada da Liga Galega de Clubs de División de Honra. O CNA obtivo de novo o 2º posto na clasificación, que nos deixa finalizada a Fase Preliminar en 2º posto para asistir á Fase Final en postos para disputar o Título de División de Honra e coa permanencia asegurada.

Ler máis

Paula en Egipto. Resultados

Paula Otero participou este sábado coa Selección Española na 1ª Etapa da Copa do Mundo World Aquatics, celebrada en Soma Bay, Egipto. O sábado participou no 10K acadando o 15º posto. Pero non só é importante o posto final xa que resultou ser unha gran carreira, Paula foi no grupo de cabeza durante o nicio da proba, polo que obtivo un dos premios World Cup Sprint Leader, está recibindoo na foto que adorna esta portada. A falta de experiencia de Paula nesta distancia levoulle a cometer algún fallo nos avituallamentos que non lle axudou a manter estes postos ata o final da proba.

Debido á súa boa actuación no 10K o equipo técnico seleccionouna para defender a remuda de 4×1500, no que se tirou en primeiro lugar e fixo moi bo rexistro. O equipo español quedou en 4º posto a tan só 10 décimas do bronce.

Son moi boas as sensacións competitivas de Paula de cara a este final de tempada clasificatoria en piscina para os JJOO.

Web do Campionato

Resultados

Publicamos os resultados correspondentes á Liga Benxamín celebrada esta pasada fin de semana en Riazor, onde o noso equipo máis mozo representounos a bo nivel. Este grupiño vai progresando na súa técnica, temos que seguir afianzando os contidos do adestramento para chegar máis alto neste último ciclo da tempada.

Por outra banda, o noso máster Carmelo Sanjorge, participou o sábado nun Trofeo en Oviedo, no que acadou o 2º posto na proba de 800 libre.

Noraboa a tod@s!! 

Resultados

 

3 Medallas de Fondo

Este domigo celebrouse en Santiago, na Piscina de Santa Isabel, o Campionato Galego de Fondo Máster. O Club Natación Arteixo obtivo moi bos resultados cos tres nadadores que o representaban. Iván Rubio e Ramón Folch foron medalla de ouro das súas categorías, e Marcos del Río, na sesión de mañán foi ouro en 1500 libre. Marcos ademais acadou o Trofeo Gerardo Steudel á mellor marca do campionato. Como resultado total obtivemos o 4º posto por equipos da categoría masculina.

Iván Rubio acudirá nunhas semanas, ó Campionato de España de Fondo para participar nas probas de 3000 e 1500 libre.

Noraboa!!

Resultados

Resultados Liga Benxamín

Están publicados os resultados da liga benxamín celebrada este sábado en Carballo. Este grupiño vai avanzando na súa forma de facer as cousas en competición, melloran a técnica e os viraxes e compiten máis tranquilos e motivados. A remuda, de 6×50 libre mixta, acadou o 4º posto.

Seguiremos mellorando para rematar as dúas últimas xornadas con ilusión e cada vez máis competitivos.

Noraboa EQUIPO!!

Resultados

Ler máis