3 Medallas de Fondo

Este domigo celebrouse en Santiago, na Piscina de Santa Isabel, o Campionato Galego de Fondo Máster. O Club Natación Arteixo obtivo moi bos resultados cos tres nadadores que o representaban. Iván Rubio e Ramón Folch foron medalla de ouro das súas categorías, e Marcos del Río, na sesión de mañán foi ouro en 1500 libre. Marcos ademais acadou o Trofeo Gerardo Steudel á mellor marca do campionato. Como resultado total obtivemos o 4º posto por equipos da categoría masculina.

Iván Rubio acudirá nunhas semanas, ó Campionato de España de Fondo para participar nas probas de 3000 e 1500 libre.

Noraboa!!

Resultados

Campionato Galego de Fondo Máster

Esta é unha fin de semana de festa para o Club Natación Arteixo, xa que mañán sábado día 9 celebramos a nosa Cea Anual na que teremos ocasión de disfrutar da compañía de pais, nais e nadador@s nun ambiente diferente e máis distendido que o habitual.

Pero non podemos olvidar que tres dos compoñentes do Equipo Máster participan o domingo en Santiago no Campionato Galego de Fondo Máster. Marcos Del Río nadará 1500 libre en sesión de mañán, Iván Rubio e Ramón Folch nadarán 800 libre en sesión de tarde.

Poderemos estar atent@s ós seus resultados e a toda a información no seguinte enlace.

Ánimo Fondistas!!

Web do Campionato

Convocatoria Máster

Este domingo 18 de febreiro celébrase en Carballo en sesión de mañán a 3ª Xornada de Liga Máster. Nadaranse as seguintes probas: 100 costas, 200 bolboreta, 50 braza, 100 estilos e remudas de 4×50 libre feminino e masculino.

Acudirán un total de oito deportistas, 6 nadadores e 2 nadadoras. Esperamos que sexa unha boa competición para este equipo que acaba de aterrizar do Campionato de España celebrado a fin de semana pasada en Pontevedra.

Convocatorias

Campionato de España Máster. Resultados

O Campionato de España Máster deixa no noso Club un sabor moi doce polos bos resultados dos seis participantes. Voltan con un total de cinco medallas e moitas MMP, e sobre todo con unha nova experiencia competitiva ás súas costas que lle aporta unha nova visión deste deporte.

Ler máis

Campionato Galego Máster. Resultados

Rematou o Campionato Galego Máster con unha gran actuación dos nove participantes do Club Natación Arteixo e unha moi boa organización por parte da Fegan e o Club Natación Ponteareas deste novo formato de campionato. Un total de 23 medallas individuais e unha moi celebrada en remuda sirven de introducción a esta noticia que ampliamos de seguido.

Ler máis

Marcos ouro en Augas Abertas

Marcos del Río participou esta fin de semana no Campionato de España de Augas Abertas na categoría máster. O evento celebrouse en Sevilla, no Río Guadalquivir, con moi boas condicións metereolóxicas. A auga estaba a 23,5º polo que a carreira celebrouse sen neopreno. Marcos nadou o sábado pola tarde a proba de 3000 metros. Empezou a proba saíndo bastante rápido e así encabezou a carreira durante todo o percorrido, loitando nun sprit final e acadando o 2º posto absoluto da proba e ouro da súa categoría con un tempo de 36:47.

Noraboa Marcos!!

unha medalla máis que sumar os teus éxitos deportivos desta tempada…

Resultados

Campionato Galego Máster

Esta fin de semana celebrouse en Ourense o Campionato Galego Máster de Verán, no que tivemos unha pequena pero intensa participación. Representáronnos un total de cinco deportistas que con moita ilusión mantivero o nome do Club Natación Arteixo nun bo lugar. Doce medallas, cinco Récords Galegos do noso nadador máis veterán, Ramón Folch, e moita ilusión porque a tempada que ven esta categoría recupere os seus anos dourados respecto a número de participantes, porque eso ó final é o máis importante nun equipo, as mellores MEDALLAS.

Ler máis

Fondo Máster. Resultados

Moi bos resultados no Campionato Galego de Fondo Máster para os dous participantes do Club Natación Arteixo. Ambos participaron na proba de 1500 libre, rematando os dous en primeiro lugar e bos resultados de marcas.

Iván Rubio foi medalla de ouro e récord galego en categoría +45 e Marcos del Río foi tamén medalla de ouro e récord galego en categoría +30. Podemos consultar as súas marcas e os resultados completos no enlace.

Noraboa Ivan e Marcos!!

Resultados

Marcos laureado en Castellón

O nadador de categoría máster, Marcos del Río participou durante catro días no Campionato de España Máster celebrado en Castellón e volta con boas marcas e tres medallas na categoría +30.

O Campionato comezou o xoves día 16, e Marcos estreouse con unha moi boa marca persoal e un ouro da súa categoría en 200 estilos, esa mesma tarde acadou o 6º posto de 100 libre. O venres nadou 400 libre acadando tamén medalla de ouro, e rematou o domingo coa proba de 200 libre, na que foi prata.

Noraboa Marcos!!

Resultados

Campionato de España Máster

A partir de mañán xoves día 16 celébrase en Castellón o Campionato de España Máster de Inverno, durará ata o sábado, e contará con unha representación do Club Natación Arteixo. O nadador Marcos del Río xa está en terras Valencianas e preparado para participar nun total de catro probas. Inaugura o xoves o campionato coa proba de 200 estilos pola mañán e 100 libre pola tarde, o venres nada 400 libre, e remata nadando o sábado a proba de 200 libre.

Coma sempre estaremos atent@s ós seus resultados na páxina habilitada pola RFEN.

Ánimo e Sorte Marcos!!

Web do Campionato

Ler máis