Cea Gala 2018

O pasado sábado celebrouse a Cea Anual do Club Natación Arteixo, con un récord de asistencia. Xuntámonos 177 persoas entre deportistas, pais, nais, colaboradores e autoridades. Acompañáronos representando ó Concello neste evento, Josefina Zas, concelleira de Maiores, e o Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo, que adicou unhas palabras acompañado pola Presidenta Virginia Martínez Blanco ós asistentes.

Ler máis

Cea Gala 2018

Acércase a celebración da Cea Anual do Club Natación Arteixo, será o sábado 17 de Marzo no Restaurante Salones Pastoriza. O prazo de inscrición e pagamento remata o día 12 de marzo. Este ano contamos unha vez máis con actuación musical despois da entrega de trofeos…

Poñemos á vosa disposición toda a información e o boletín de reserva no seguinte enlace:

Información e Reserva

Reto contra o Cancro

Mañán na competición de Toma de Tempos que se realiza na Piscina de San Amaro, os nadadores e as nadadoras participarán no reto organizado pola Federación Española de Natación “1000 kms nadando contra el cáncer”. Ó finalizar o quencemento sacaremos unha foto con todos os participantes dos clubs asistentes, levaremos un euro por persoa, e no noso caso a adestradora encargarase de facer o ingreso na plataforma disponible para isto na rede. Se algún pai ou nai quere facer unha contribución pode facelo directamente ou mañán na propia competición. Deixamos nesta noticia os enlaces para información do reto e para donacións.

O Club Natación Arteixo acepta o reto!!

Información

Donativos Directos

 

Hoxe saímos en Onda Cero

Hoxe pola mañá dúas nadadoras do Club Natación Arteixo asistiron a un programa de Onda Cero adicado ó deporte e a muller, “Ellas juegan”. A entrevista foi sumamente interesante e se trataron moitos temas relacionados cos éxitos pasados e presentes dos nosos equipos.

Interesante de escoitar para tódolo@s compoñentes do noso club, podedes facelo premendo no seguinte enlace:

Programa de Radio

Postal de Nadal

O gañador do Concurso de Postais de Nadal desta edición de 2017 foi o nadador de categoría Alevín, Adrián Canedo Bello.

Noraboa Adri, non faltes á Cea Anual, alí recibirás os teus agasallos!!

Mellor Equipo Feminino

Onte xoves día 23 de novembro, foi unha velada importante para o Club Natación Arteixo, xa que veu recoñecida a súa labor no deporte, a dedicación e o esforzo, nesta ocasión, das súas deportistas. O equipo feminino foi galardoado como Mellor Equipo feminino de Base da provincia na V Gala do Deporte de Base celebrada no Centro Cívico de Arteixo. Esta gala está organizada polo Concello de Arteixo e a empresa Aurea 5, e nace como homenaxe a tódalas persoas que traballan por e para o deporte da provincia.

Ler máis

O CNA galardoado

Comprácenos enormemente publicar a noticia de que o Club Natación Arteixo foi elixido como MELLOR CLUB DE BASE FEMININO da provincia.

O vindeiro xoves 23 de novembro celebrarase a V Gala Provincial do deporte de Base, organizada polo Concello de Arteixo e a empresa Sports Tech Innovation Aurea 5, na que o Club será galardoado con este premio.

Noraboa a todo o CNA por este merecido recoñecemento!!

 

Churrascada Récord

Un total de 171 persoas reuníronse este pasado sábado para celebrar a churrascada que inaugura o calendario de eventos do Club Natación Arteixo nesta tempada 2017/2018. Este número supón un récord de asistencia

Ler máis

Churrascada Tempada 1718

O vindeiro sábado día 16, o Club Natación Arteixo organiza unha churrascada na área recreativa de Seixedo para celebrar todos xuntos o inicio desta nova tempada 2017/2018.

Poderán asistir os nadadores/as, acompañados dos seus pais e de todo familiar que desexe acudir a esta celebración. Confirmade a vosa asistencia na oficina do club ou por correo electrónico: info@natacionarteixo.com . As adestradoras teñen as follas de inscrición, e tamén no enlace que acompaña a esta noticia.

O custo da comida será de 7 euros para adultos e de 5 euros para menores de 12 anos, que se abonarán na oficina do club ou o día da comida.

Esperamos a vosa asitencia!!

Circular

Ler máis