Resultados e Convocatoria

Están publicados os resultados da 3ª xornada de liga infantil celebrada este sábado en Carballo. Houbo moitos despistes que provocaron descalificacións e que adestraremos para que non se repitan. A remuda de 4×100 estilos mixta acadou o 7º posto.

Tamén está publicada a convocatoria da 5ª xornada de liga alevín que se celebrará tamén emn Carballo este sábado 21. Nadaranse as seguintes probas: 50 libre, 100 braza, 400 estilos masculino, 800 libre feminino, 200 libre masculino, 200 costas e remudas de 8×50 libre mixtas.

Ánimo e sorte Equipo!!

Resultados

Convocatorias

Convocatoria Liga Infantil

Este sábado o Club Natación Arteixo participará  na 3ª xornada de Liga Infantil que se celebrará en Carballo.

Nadaranse as seguintes probas: 400 estilos, 50 libre, 200 costas, 1500 libre masculino, 200 braza, 100 bolboreta, 200 libre e remudas de 4×100 estilos mixtas.

Ánimo Equipo!!

Convocatorias

Alba no Open

Dende mañá sábado 7 de abril e ata o mércores 11 celébrase en Málaga o máis importante Campionato de España a nivel absoluto, o Open de Primavera. E alí estará Alba nadando un total de 5 probas (50, 100, 200 braza, 200 e 400 estilos). Estréase nova normativa, haberá eliminatorias, semifinais e finais nas probas de 50, 100 e 200, así que Alba terá un duro campionato no que se batirá coas mellores comezando a súa andadura como Absoluta Moza.

A competición será retransmitida directo gracias na RFEN a través da plataforma de streaming de LaLiga4Sports (mañáns e tardes) e por Teledeporte as fináis (tardes)

Sorte e ánimo Alba!!

Podemos estar atentos as súas marcas na web do campionato:

Web do Campionato

Convocatorias Fin de Semana

Despois do descanso de Semana Santa a nivel competitivo, empezamos forte con tres convocatorias. A 5ª Xornada Benxamín o sábado pola tarde en San Amaro con probas de 200 estilos e 100 libre para a idade maior, 100 estilos e 50 braza para a idade pequena e remudas de 4×100 estilos para tod@s.

A 3ª Xornada Máster en Monforte o domingo pola mañá. As probas que se nadarán son 50 costas, 200 costas, 100 libre, 400 libre e remudas de 4×50 libre.

E tamén competirá Alba no Campionato de España á que lle dedicaremos unha noticia especial.

Sorte a tod@s!!

Convocatorias

 

Campionato de España Infantil

Estase a celebrar o XXXVIII Campionato de España Infantil de Inverno en Pontevedra, na Piscina Rías do Sur. A nadadora do Club Natación Arteixo Nerea Iglesias, participará este mércores día 28 na proba de 200 estilos. A competición consta de eliminatorias pola mañán e finais pola tarde.

Estaremos atentos/as ós resultados desta promesa do club.

Sorte Nerea, disfruta e compite a tope!!

Web do Campionato

Antía no Campionato de España CSD

Mañán e o domingo celébrase en Castellón o Campionato de España en Idade Escolar CSD (Categoría Alevín). A nadadora do Club Natación Arteixo Antía Gómez Taibo, foi convocada coa selección galega para nadar 100 e 200 costas despois da súa gran actuación na recente Copa Alevín celebrada en Ferrol.

Este campionato é por Comunidades Autónomas, estarán representadas 17 comunidades, 307 deportistas en total dos cales Galicia asiste con 9 nadadores e 8 nadadoras.

Desexámoslle sorte e que disfrute moito desta 1ª gran cita á nosa promesa Antía!!

Web do Campionato

Liga Benxamín

Este sábado celébrase a 4ª xornada de Liga Benxamín en San Amaro. Participamos con un total de 31 nadadores/as. As probas serán: para os maiores 100 Bolboreta e 50 libre e para os pequenos 50 Costas-Braza e 50 Braza-Crol. Para tod@s haberá remudas de 8×50 Libre Mixto.

En canto remate esta xornada teredes que volver rápido a casa para poñerse elegantes, xa que celebramos a Cea Gala no Mesón Pastoriza ás 21:45.

Sorte Equipo!!

Convocatorias

Campionato Galego de Fondo Máster

Este domingo, seis deportistas de categoría máster participan no Campionato Galego Máster de Fondo. Será en Ponteareas en sesión de mañá.

Raquel e Ramón nadarán 1500 libre, Carmelo, Javier, María Oliveira, e María Muíño nadarán 800 libre.

Ánimo para este novo reto!!

Web do Campionato

Convocatorias

Convocatoria Copa

Este sábado celébrase en Santiago a 3ª xornada e última da fase preliminar da Copa Galega de Clubs. Esta será  a que nos de os puntos cos que pasaremos á fase final. Nadaranse as seguintes probas: 4×50 libre, 800 libre feminino, 200 libre masculino, 50 bolboreta, 200 braza, 50 costas, 400 estilos e 4×100 estilos.

O desprazamento será en autobús e prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as.

Ánimos enormes para este equipo, sabemos que sacará o mellor ante esta importante cita

Convocatorias

Campionato Galego en Cervo

O noso equipo Infantil e Junior participan esta fin de semana na cita máis importante de inverno, o Campionato Galego. Este celebrarase en Cervo (Lugo), en piscina de 50 metros, en cinco sesións de venres pola tarde, sábado e domingo.

Este equipo está formado por un total de 12 deportistas, 9 de categoría infantil e 3 de categoría junior. Participarán en 29 probas individuais, en tódalas remudas femininas de categoría infantil e nas de 4×100 libre e 4×100 estilos masculino infantil.

Para estar ó día dos resultados do campionato podedes facelo na páxina oficial:

Web do Campionato

Ánimo e sorte a tod@s!!

Convocatorias

Ler máis