Horarios de Verán do CNA

A partir do 23 de xuño incluido, mudan os horarios para tentar compaxinar adestramenntos e vida veraniega, este horarios serán válidos ata o 15 de xullo, despois faremos unha revisión debido ó peche dun dos vasos da piscina:

GRUPO DE JUNIOR E ABSOLUTOS:

TÓDOLOS DÍAS DE 13:15 A 15:15, SÁBADO 24 ÁS 11:30, SÁBADO 1 ÁS 10:30

GRUPO DE INFANTILES QUE ADESTRAN HABITUALMENTE DE NOITE:

MARTES, XOVES E VENRES DE 13:15 A 15:15, LUNS E MÉRCORES DE 15:00 A 16:15, SÁBADO 24 ÁS 11:30

GRUPOS 5 E 6:

DE LUNS A XOVES DE 16:00 A 17:00 (poden vir os días que queiran)

GRUPOS 1, 2 E 3:

DE LUNS A XOVES DE 17:00 A 18:00 (poden vir os días que queiran)

Horarios de Semana Santa

Durante esta Semana Santa, na que os nadadores/as terán vacación escolares, o Club Natación Arteixo varía algo os seus adestramentos:

Grupos 1, 2 e 3: de luns 3 a mércores 5, de 16:00 a 16:45, de xoves 6 a luns 10, ambos incluidos, vacacións

Grupo 5 e 6: de luns 3 a mércores 5, de 16:00 a 17:30, de xoves 6 a luns 10, ambos incluidos, vacacións

Grupo de maiores:  luns 3, mércores 5 e luns 10, de 12:30 a 14:30, martes 4 de 13:30 a 15:30, xoves 6, de 10:00 a 12:00, de venres 7 a domingo 9, vacacións.

Boa semana a tod@s!!

Horarios e Grupos 22/23

Poñemos á vosa disposición os grupos e horarios para esta tempada 2022/2023, se houbera algún problema podedes comentalo con Luchi. Os adestramentos comezan mañán día 6.

Tamén deixamos á vosa disposición os documentos que foron entregados na reunión, estos inclúen o papel de licenza que debe ser entregado no adestramento ou na oficiña antes do día 19 de setembro para que a licenza sexa tramitada correctamente.

Os horarios dos grupos 6, 7 e 8 varían un pouco durante o mes de setembro, e xa llos comunica directamente a adestradora e o adestramento dos sábados dará comezo o 1 de outubro.

Benvidos e benvidas a esta nova tempada do noso EQUIPO!!

Horarios e GruposDocumentos Reunión

Horarios de Entroido

Durante este Entroido no que os nadadores/as terán vacación escolares, o Club Natación Arteixo varía algo os seus adestramentos:

  • Benxamíns e Escola, vacacións o luns e o martes, mércores horarios habituáis
  • Maiores calles 4 e 5, luns e mércores de 10:15 a 12:30, martes vacacións
  • Alevíns e Maiores calle 6, luns e mércores de 12:15 a 13:45, martes vacacións

¡¡Feliz Entroido a tod@s!!

Horarios Verán

A partir do 1 de xullo mudan os horarios para tentar compaxinar adestramenntos e vida veraniega, este horarios serán válidos ata o 19 de xullo, despois faremos unha revisión debido ó peche dun dos vasos da piscina:

GRUPO DE MAIORES: TÓDOLOS DÍAS DE 10:00 A 12:00, SECO MARTES E XOVES DE 12:00 A 13:00

GRUPO DE INFANTÍS QUE ADESTRABAN POLA NOITE: TÓDOLOS DÍAS DE 12:00 A 13:30

GRUPOS 4, 5 E 6: DE LUNS A XOVES DE 15:00 A 16:00 (poden vir os días que queiran)

GRUPOS 1, 2 E 3 DE LUNS A XOVES DE 16:00 A 17:00 (poden vir os días que queiran)

A tempada de adestramentos finalizará o domingo 1 de agosto coa celebración da Travesía de Suevos

Horarios de Semana Santa

Acércase o período de Semana Santa. Cambiaremos os horarios de adestramento, para adaptalos ás vacacións escolares.

BENXAMÍNS E ESCOLAS: Terán vacacións, dende o luns 29/03 ó domingo 04/04 ambos incluídos.

ALEVÍNS: Días 29, 30 e 31/03 de 16:00 a 17:30, sábado 3 no horario habitual.

INFANTÍS, JUNIOR E ABSOLUTOS: Adestrarán en dous grupos:

     GRUPO 8: Días 29, 30 e 31/03 de 11:15 a 13:30, 1/03 10:30 a 12:45 , 2/03 festivo, sábado 3 no horario habitual.

     GRUPO 7: Días 29, 30 e 31/03 de 13:15 a 15:15, 1/03 e 2/03 festivos, sábado 3 no horario habitual.

Horarios de Nadal

Están cerca as vacacións de Nadal, e os horarios do Club Natación Arteixo cambiarán un pouco. Os máis pequenos e as escolas terán vacacións do 23 ó 4. O resto dos equipos, adaptarán ós seus horarios.

Horarios

A imaxe que adorna esta noticia é a Postal Oficial do Club, de Jázmin Rubio Pardo , nadadora de categoría Alevín e gañadora do Concurso de Postais 2020. Dende aquí queremos aproveitar a ocasión para desexarvos un Bo Nadal a todos os compoñentes e amig@s do Club Natación Arteixo.

Paula en Sierra Nevada

A nosa nadadora Paula Otero foi seleccionada co Equipo Nacional Absoluto (ENA) para participar nunha concentración en Altura. Esta concentración terá lugar no CAR de Sierra Nevada, en Granada, e durará dende este domingo 25 de outubro ata o 19 de novembro, data na que da comezo o Campionato de España de Inverno en Castellón.

A esta cita de adestramento están convocados un total de 16 deportistas, 8 chicas e 8 chicos, equipo do que Paula será a máis xoven. Esta concentración será supervisada por Sean Kelly, Director Nacional de Rendimento da Rfen. Entre o grupo de adestradores convocados está tamén Luisa Domínguez, adestradora do CGTD de Pontevedra.

Noraboa Paula!!

Convocatoria

Ler máis