Campionato Galego. Resultados

Esta fin de semana celebrouse o Campionato Galego de categorías Infantil e Junior de Inverno. Foi en Cervo, en piscina de 50 metros. O Club Natación Arteixo acadou o 17º posto Junior e Infantil nas clasificacións conxuntas cunha participación de 7 nadadores e 5 nadadoras.

As clasificacións completas son:  para os Infantís, con 9 participantes, 13º feminino, 19º masculino e 17º conxunto. Para os Junior, con 3 participantes, 17º masculino, 14º feminino e 17º conxunto.

O máis salientable do campionato foi o bó ambiente entre o equipo, as ganas por facer ben as cousas e mellorar en tódolos sentidos. Nas remudas respirouse isto de forma máis evidente, acadando así boas marcas. Participábamos só con equipos masculino e feminino infantil, e acadaron os seguintes postos:

Equipo Feminino Infantil: 12º en 4×100 libre, 11º en 4×100 estilos, 12º en 4×200 libre.

Equipo Masculino Infantil: 14º en 4×100 libre, 11º en 4×100 estilos.

No ámbito individual hai que destacar moitas mellores marcas persoais e dúas medallas. Nerea Pazos foi ouro junior na proba de 200 bolboreta e Nerea Iglesias, bronce infantil en 400 estilos.

Noraboa a este equipo polos éxitos!!

Resultados