Campionato Galego Máster. Resultados

Unha vez máis o equipo máster do Club Natación Arteixo da un paso adiante na súa andanza polos Campionatos Galegos, melloraron dous postos na clasificación conxunta respecto á tempada pasada, acadando o 9º posto. Asistiron 13 deportistas (Ana, Chus, Jesi, Keti, Laura, María Muíño, María Oliveira, Raquel, Carmelo, Javi Mella, Manuel, Ramón e Roberto. A competición foi en Ourense, na Piscina Rosario Dueñas, de 50 metros.

A Clasificación por clubs foi a seguinte: 14º posto na Masculina, 8º na feminina e 9º na clasificación conxunta. Participaron en remudas masculinas, femininas e mixtas, destacando nos seus resultados dúas medallas, de ouro en 4×50 libre e de bronce en 4×50 estilos +200 mixto.

A nivel individual hai que destacar as boas marcas de todos os compoñentes do equipo, acadando un total de 19 medallas (7 ouros, 7 pratas e 5 bronces).

Destacamos tamén os seis récords galegos máster acadados,  de Ramón en 200 libre (no pase de 400), 400 libre, 50 costas (na remuda), 100 e 200 costas de +80, e de Laura Gerpe en 200 costas de 30-34 anos.

A ilusión, a dedicación e o compromiso destes deportistas, está conseguindo que o Club Natación Arteixo siga a medrar no mundo da natación máster.

Noraboa por este novo gran campionato!!

Medalleiro Resultados Récords Máster