Campionato de España Junior e Absoluto

Mañá mércores, 13 de xullo, comeza en Canarias, na sede do Club Natación Metropole en Las Palmas, o 104º Campionato de España de Natación de categorías Absoluta e 38º Junior. Sen dúbida, este é o evento máis importante da natación de verán. E este ano con máis motivo, xa que poderemos disfrutar da presenza dos nadadores/as convocados para os XXOO de Río de Janeiro. Alí estará tamén unha representación do noso equipo; nada máis e nada menos que catro nadadores/as: Alba, Noelia, Virginia e Xián.

Na categoría Junior estarán Alba Gómez, que nadará 5 probas, 200 libre, 100 e 200 braza, 200 e 400 estilos; e  Xian Prego, que nadará 200 estilos. Na categoría Absoluta temos a dúas nadadoras, Noelia Gómez en 50, 100 e 200 braza e Virginia Naya participando en 50 e 100 libre. 

Podemos estar ó día dos resultados na páxina oficial que pon a disposición a RFEN e a través de Teledeporte, que retransmitirá as finais.

Ánimo e Sorte para estes catro grandes. Disfrutade deste colofón ó traballo dunha tempada!!

tton color=»blue» url=»http://www.rfen.es/publicacion/campeonatos/main.asp?c=2016XX100014&s=2016&fed=rfen100″ title=»web do campionato» size=»small»]Web do Campionato[/button]