Campionato de España Infantil

Dende este xoves 27 ata o domingo 30 celébrase o Campionato de España de categoría infantil no Complexo Deportivo Inacua. O Club Natación Arteixo estará presente coa súa nadadora de 14 anos, Nerea Iglesias Muíño.

Nerea participará nun total de catro probas: estréase o primeiro día do campionato con 100 braza, o venres nadará 400 estilos e 100 libre, e rematará o sábado cunha das súas mellores probas, 200 estilos. A competición será con eliminatorias pola mañá e finais pola tarde e podemos estar ó día dos resultados a tempo case real na páxina web da RFEN.

Web do Campionato

Ánimo e sorte Nerea… pero sobre todo Noraboa por ter chegado ata aquí!!