Para rematar a tempada de campionatos en piscina, teremos a Nerea Iglesias representando ó Club Natación Arteixo no Campionato de España Infantil de verán, que se celebra dende hoxe ata o domingo en Madrid, na Piscina M86.
A nosa nadadora de 15 anos participará o sábado na proba de 200 estilos. Esta nena leva unha gran tempada competindo duro e a moi bo nivel tanto na copa coma nos campionatos galegos, nadando varias veces moi cerca de acadar máis mínimas. O premio do nacional chegou da man do 200 estilos, proba na que sen dúbida disfrutará de competir sen presión.
Podemos estar atentas/os ós resultados na páxina da RFEN.
Sorte e a disfrutar!!