Campionato de España Alevín

Esta fin de semana, a nosa nadadora de categoría alevín, Antía Gómez Taibo, participou no seu primeiro Campionato de España. Foi na Piscina de Sabadell, en Cataluña.

Participou en dúas probas nas que leva destacando dende que acadou as mínimas na Copa Galega Alevín, 100 costas o sábado e 200 o domingo. Antía nadou con moitas ganas, ilusión e con moi boas sensacións quedándose cerca das súas marcas e acadando os postos 31º e 29º respectivamente.

Esta nadadora leva vivida unha tempada de gran progresión, tanto a nivel de marcas coma de mellora no seu adestramento. Este campionato foi un bo broche final que sen dúbida Antía non esquecerá. A partir de aquí máis e mellor.

Noraboa Antía!!

Resultados