Convocatoria Benxamín

Este sábado os nosos deportistas máis novos compiten en Riazor a súa 5ª xornada de Liga Benxamín. Nadarán as seguintes probas: 200 libre, 200 costas, 100 costas, 100 braza e remudas de 4×50 estilos mixtas.

A competición será en sesión de tarde e a expedición xuntarase na Piscina de Riazor ás 15:45, prégase puntualidade e acudir debidamente uniformad@s.

Ánimo e Sorte!!

Convocatorias

 

3 Medallas de Fondo

Este domigo celebrouse en Santiago, na Piscina de Santa Isabel, o Campionato Galego de Fondo Máster. O Club Natación Arteixo obtivo moi bos resultados cos tres nadadores que o representaban. Iván Rubio e Ramón Folch foron medalla de ouro das súas categorías, e Marcos del Río, na sesión de mañán foi ouro en 1500 libre. Marcos ademais acadou o Trofeo Gerardo Steudel á mellor marca do campionato. Como resultado total obtivemos o 4º posto por equipos da categoría masculina.

Iván Rubio acudirá nunhas semanas, ó Campionato de España de Fondo para participar nas probas de 3000 e 1500 libre.

Noraboa!!

Resultados

Cea Gala 2024

O pasado sábado celebrouse, a clásica Cea Anual do Club Natación Arteixo, con moi boa participación. Xuntámonos máis de 130 persoas entre deportistas, pais, nais, colaboradores e autoridades. Acompañounos representando ó Concello neste evento, o Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo, que fixo un pequeno discurso antes do comezo da cea agradecendo ó Club a presencia que lle da ó Concello de Arteixo en tódolos eventos deportivos nos que participa e desexándonos que sigamos a colleitar éxitos. Acompañando ó Sr. Alcalde estaba Patricia Amado, concelleira de Contratación, Patrimonio, Turismo e Novas Tecnoloxías.

Ler máis

Campionato Galego de Fondo Máster

Esta é unha fin de semana de festa para o Club Natación Arteixo, xa que mañán sábado día 9 celebramos a nosa Cea Anual na que teremos ocasión de disfrutar da compañía de pais, nais e nadador@s nun ambiente diferente e máis distendido que o habitual.

Pero non podemos olvidar que tres dos compoñentes do Equipo Máster participan o domingo en Santiago no Campionato Galego de Fondo Máster. Marcos Del Río nadará 1500 libre en sesión de mañán, Iván Rubio e Ramón Folch nadarán 800 libre en sesión de tarde.

Poderemos estar atent@s ós seus resultados e a toda a información no seguinte enlace.

Ánimo Fondistas!!

Web do Campionato

Resultados Liga Benxamín

Están publicados os resultados da liga benxamín celebrada este sábado en Carballo. Este grupiño vai avanzando na súa forma de facer as cousas en competición, melloran a técnica e os viraxes e compiten máis tranquilos e motivados. A remuda, de 6×50 libre mixta, acadou o 4º posto.

Seguiremos mellorando para rematar as dúas últimas xornadas con ilusión e cada vez máis competitivos.

Noraboa EQUIPO!!

Resultados

Campionato de España. Resultados

Voltamos do Campionato de España celebrado en Sabadell durante cinco días da pasada semana cargados de alegrías. Catro Récords Galegos, dez medallas e moitas MMP que engadir ó currículum deste grupo de seis nadador@s que asistiron a este evento e que demostraron con cada brazada o seu nivel competitivo. Eva, Manuel, Alba, Mateo, Miguel e Paula foron os protagonistas.

Ler máis

Convocatoria Benxamín

Mañán sábado celébrase en Carballo, a 4ª xornada de Liga Galega Benxamín.  Asisten 8 nadadores e 6 nadadoras do Club Natación Arteixo a nadar un total de 25 probas individuais e unha remuda de 6×50 libre mixta.

O equipo deberá estar en Carballo ás 15:45, prégase puntalidade e acudir debidamente uniformad@s.

Ánimo e Sorte!!

Convocatorias

Campionato de España Open

Acércase unha das citas competitivas a nivel nacional máis importantes do ano. O Campionato de España de Inverno de categorías Junior e Absoluta. Esta tempada é moi especial por ser ano olímpico e este campionato servirá de antesala para o clasificatorio do mes de xuño, será un evento onde os mellores nadadod@s a nivel nacional e internacional medirán as súas forzas neste primeiro ciclo da tempada.

O Club Natación Arteixo terá a presencia de seis deportistas con un total de dezanove probas individuais e unha remuda absoluta.

Ler máis

Resultados Campionato Galego Infantil

Unha moi pequena representación pero con unha moi boa actuación deportiva é o resumo do Campionato Galego Infantil celebrado esta fin de semana en Pontevedra no que voltamos con boas marcas e unha medalla.

Ler máis

Campionato Galego Infantil

Mañán sábado comeza o Campionato Infantil de Inverno en Pontevedra, na Piscina Rías do Sur, e o Club Natación Arteixo acude con unha pequena pero motivada representación.

Será en piscina de 50 metros e durará dúas xornadas de sesións de mañán e tarde. Asisten Manuel Díaz, Carla Rodríguez e Miriam Macías a nadar un total de 10 probas individuais. Poderemos estar atent@s ós resultados na páxina enlazada a continuación.

Ánimo e Sorte Equipo!!

Convocatorias

Ler máis