Asamblea Xeral de socios/as

O vindeiro venres 28 de outubro celebrarase a Asamblea Xeral Ordinaria de socios/as do Club Natación Arteixo. Será no salón de actos do Centro Arteixo Innovación, na Avenida de Arsenio Iglesias nº46, ás 19:30 en primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda convocatoria.

Puntos da orde do día:

1- Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.

2- Informe do Presidente

3- Balance deportivo.

4- Balance  contable da tempada 2015/2016 e aprobación se procede.

5- Orzamentos da tempada 2016/2017 e aprobación se procede.

6- Propostas da Xunta Directiva e Socios.

7- Rogos e preguntas.

Os socios/as poderán enviar as súas propostas ou suxestións por escrito, ben no buzón do Club, ou ben por correo electrónico a info@natacionarteixo.com .

Pregamos a vosa asistencia e puntualidade