Alba no Campionato de España de CCAA

A selección galega acadou o 5º posto no Campionato de España de CCAA celebrado esta fin de semana pasada en Castellón, por detrás de Cataluña, Madrid, Andalucía e Comunidad Valenciana. Isto acadouse con un apretado e emocionante final, xa que Galicia chegou á última sesión do campionato en 5º lugar con Murcia por detrás a tan só 1 punto de diferencia. Un empate a puntos na sesión de tarde, na que tódolos/as compoñentes da nosa selección loitou ata a última brazada, e unhas máis que emocionantes remudas conseguiron manter ese 5º posto na clasificación total nun campionato con un gran nivel.

Alba Gómez, a nosa representante, de categoría junior (4º posto na clasificación feminina), acadou moi bos resultados tanto de postos coma de marcas nas cinco probas nas que participou. Acadou o 5º en 100 libre, 7º en 50 libre, 7º en 100 braza, 3º en 200 braza e 8º en 200 estilos. Participou nas tres remudas, nas que se lograron para Galicia o 3º posto no 4×200 libre e o 4º en 4×100 libre e 4×100 estilos.

Noraboa para Alba e para toda a selección galega por estes resultados!!

Resultados