Alba no Campionato de España Absoluto

Mañá comeza o LXI Campionato de España Absoluto de Inverno e durará ata o domingo 26, celébrase en Barcelona. Alba Gómez Mesías, un dos nosos referentes máis importantes, participará nun total de catro probas.

A carreira deportiva de Alba estivo coroada o ano pasado con varios títulos a nivel nacional, Subcampiona de España junior de Inverno en 100 e 200 braza en Gijón; Campiona de España junior de verán en 100 e 200 braza e subcampiona en 200 libre en Terrassa.

A súa participación como absoluta pasará por medirse coas mellores nadadoras, e seguir subindo o seu nivel competitivo, loitando por postos de final. Este cambio de categoría será un paso decisivo na carreira deportiva de Alba Gómez, que cursando segundo de bacharelato segue adestrando ao máis alto nivel.

Nesta ocasión nadará 400 libre, 100 e 200 braza e 200 estilos. Desexámoslle dende esta web en nome de todo o seu Club, que disfrute do campionato e que compita como só ela sabe.

Web do Campionato