Alba 7ª a nivel nacional

A nadadora Alba Gómez que participou este sábado na Fase Territorial do Campionato de España de Longa Distancia (Campionato Galego), está 7ª da categoría Junior-2 no ránking nacional publicado onte.

Esta nadadora participará co CGTD esta fin de semana no Meeting Internacional de Póvoa de Varzim (Portugal), esta competición será o sábado e o domingo en Piscina de 50 metros. Alba participará nun total de cinco probas: 50 libre, 200 estilos, 50, 100 e 200 braza.

Poderemos estar ó día dos seus resultados no seguinte enlace. Ánimo Alba e noraboa por ese 3000.

Web do Campionato