Convocatoria Benxamín

Está publicada a convocatoria da 6ª Xornada da Liga Benxamín, que se celebrará en Ferrol, na Piscina de Gómez Noya, o sábado en sesión de tarde. Os nosos pequen@s participarán nas seguintes probas: 200 estilos, 100 libre e remudas de 4×100 libre mixta.

Prégase puntualidade e acudir debidamente uniformad@s.

Ánimo e Sorte Equipo!!

Convocatorias

 

Resultados Fin de Semana

Esta foi unha fin de semana moi movida para o Club Natación Arteixo que tivo presencia en catro eventos, Liga Infantil, Liga Máster, Trofeo Norte e Sur, e xornada de Ges de categoría alevín. Pasamos a dar resumen dos resultados.

Ler máis

Convocatoria Infantil

Este sábado celébrase a 3ª Xornada de Liga Infantil en Lugo, na Piscina de Frigsa, organizada pola FEGAN e o CN Portamiñá. Asistiremos con un total de 13 nadadores e nadadoras cos que esperamos que compitan con todas as mellores ganas para manter a clasificación desta categoría o máis alta posible.

Nadaranse as seguintes probas: 400 estilos, 50 costas, 200 libre, 200 braza, 1500 libre, 200 costas, 100 bolboreta, 50 libre e remudas de 4×200 libre.

Prégase puntualidade e acudir debidamente uniformad@s.

Ánimo e sorte Equipo!!

Convocatorias

Trofeo de Ferrol. Resultados

Esta fin de semana un grupo de 30 nadadores e nadadoras do Club Natación Arteixo de categorías dende alevín ata absoluta participaron no Trofeo Marcos García organizado polo Club Natación Ferrol. Foi unha moi longa xornada de competición, pero estivo moi ben organizada e os nosos deportistas voltan con moi boas marcas persoais.

Obtivemos o 11º posto na clasificación masculina, 6º na feminina e 7º na conxunta, posto que tamén acadamos na remuda de 6×100 libre intercategorías. Tivemos cinco medallistas, Carla Rodríguez, Claudia Carballido, Claudia Suárez, Eva Sánchez e Paula Rodríguez que acadaron un total de cinco medallas, 2 ouros, e 4 bronces.

O máis salientable da competición foi a gran xornada de convivencia entre pequenos e maiores, e o gran apoio de tod@s ás brazadas dos compañeiros. Traballazo de equipo.

Noraboa a tod@s!!

ResultadosMedalleiro

Paula Otero laureada en Portugal

A nadadora Paula Otero participou no Open de Portugal esta fin de semana formando parte da Selección Española e acadou moi bos resultados. Foi medallista nas tres probas nas que participou. Foi ouro en 1500 libre, e prata en 200 e 400 libre, con moi boas sensacións competitivas. Paula estará en USA dende o 14 ata o 28 de abril, participando nunha concentración en altura co Equipo de Fondistas, segue os pasos e a progresión, para competir ó mellor nivel na gran cita de xuño, os Trials dos JJOO de París 2024.

Noraboa e a seguir así Paula!!

StreamingResultados

Trofeo Marcos García de Ferrol

Este sábado día 6 celébrase en Ferrol, na Piscina Javier Gómez Noya o Trofeo Marcos García, organizado polo Club Natación Ferrol. Constará de sesións de mañán e tarde e asistiremos con un total de 29 nadadores e nadadoras de categorías alevín, infantil, junior e absoluta. Participaremos nun total de 56 probas individuais e 1 remuda de 6×100 libre mixta intercategorías.

Podemos seguir os resultados no seguinte enlace.

Ánimo e sorte a tod@s!!

ConvocatoriasWeb do Campionato

Paula no Open de Portugal

Paula Otero, a nosa nadadora que adestra no CAR de Málaga, está convocada con un grupo da Selección Española para participar no Open de Portugal esta vindeira fin de semana. Será en Coimbra dende o 4 ata o 7 de abril e Paula participará en 3 probas, 200, 400 e 1500 libre. A selección consta de sete nadadoras e nove nadadores que viaxarán a Portugal a medirse e coller experiencias competitivas para a gran cita de xuño en Palma de Mallorca, onde se buscará o máximo rendimento para intentar acadar mínimas para os JJOO de París.

Tamén acabamos de saber que Paula estará nunha concentración de Augas Abertas Absoluta con outros nove deportistas. Esta celebrarase en Flagstaff (USA), do 14 ó 29 de abril de 2024.

StreamingWeb do Campionato

Resultados Liga Alevín

Acamos de publicar os resultados da 4ª xornada da Liga Alevín celebrada o 23 de marzo en San Amaro. Esta xornada resultou ser un gran cambio na forma de nadar e de competir do noso equipo, empézase a ver a mellora e o efecto do adestramento tanto en técnica coma en mellora de marcas, aumentando o número de mínimas para os campionatos galegos. A remuda de 4×100 libre mixta acadou o 7º posto.

Noraboa a todo o equipo!!

Resultados

Ivan Rubio Medallista en Oviedo

O nadador de categoría máster do Club Natación Arteixo, Iván Rubio acadou moi bos resultados esta fin de semana en Oviedo, onde viaxou para asistir ó Campionato de España de Fondo  Máster. Iván participou en dúas probas nas que destacou tanto polo resultado como pola regularidade do platexamento da carreira, algo tan importante en probas de fondo. Iván foi medalla de ouro na proba de 3000 e prata na de 1500 libre da súa categoría.

Noraboa Iván!!

Resultados

CNA en postos de Título

Este sábado celebrouse en Ferrol, organizada polo Club Natación Ferrol, a 3ª xornada da Liga Galega de Clubs de División de Honra. O CNA obtivo de novo o 2º posto na clasificación, que nos deixa finalizada a Fase Preliminar en 2º posto para asistir á Fase Final en postos para disputar o Título de División de Honra e coa permanencia asegurada.

Ler máis

Ver máis...